Powered By Blogger
Powered By Blogger

martes, 17 de julio de 2012

Festa do San Antonio En villarda





Despois de varios anos conseguin estar na festa da miña parroquia.
Por culpa da maldita emigración e fuxida do campo a cidade, tiven que pasar moita lembranza a morriña de non poder estar ca miña xente, amigos e coñecidos que todos eles se atopan o dia da festa..
Somo moitos os que por unhas o outras circunstancias  vivimos fora da nosa terra per por moitos anos que psaron , no meu caso, mais de coarente, no me puiden esquencer da miña xuventude na aldea, e os vos ratos que pasei (alguns malos tamen)
Pero este ano  na festa sentinme como cando era cativo e corria tras das cañas dos foguetes pra ver quen era o que pillaba mais.
Do por elo as grazas a os valentes veciños (os poucos que quedan ) de haber ornanizado a festa que de verdade e pra telo moi enconta. sobre todo os que estamos fora.
Miña esposa e mais eu sentimonos moi felices celebrando a festa na nosa casa e tendo como invitados o meu irman que vive en Madrid, a sua esposa duas fillas e o noivo de unha de elas.
Queira deus que poidamos facelo todolos anos a partir de agora.
Animo a todos os veciños que estan fora que se acerquen o dia da festa pra facer unha gran foliada.

1 comentario:

  1. Parroquia de Vilarda,
    nome pra min soberano.
    Nacin nela, e nela me bautizaron.
    Nela encontrei o amor
    e nesta igresia me casaron,
    e don despois de morto
    quixera qe me enterraran

    ResponderEliminar